Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/108-2, 8077 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Prolusar, S.L.

Domicilio social: Diego Pazos, 9, 5º, 27600 Sarria, Lugo.

Denominación: LMTS, novo CT Descanso e enlace RBT para edificio Camiño de Pardiñas, 2.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

• LMTS con orixe nun paso aéreo a soterrado e final no CT Descanso proxectado, cunha lonxitude de 40 metros de condutor tipo RHZ1-240.

• CT Descanso, prefabricado tipo pé de poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

• RBTA con orixe no CT Descanso e final na RBT existente, cunha lonxitude de 120 metros en condutor RZ-3x150/80 AI.

• Desmontaxe do CTI Descanso existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo