Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2012/107-2, 8076 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado nº 1 de LMT, CT e RBTA Taíde-Miralde.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTA núa a 20 kV sobre apoios de formigón e chapa, con orixe no apoio nº 0 proxectado intercalado na LMTA SAR8059274 pertencente á saída SAR805 (Portomarín) da
subestación Sarria e final no CT aéreo proxectado Taíde (50 kVA), en condutor tipo LA-56 e cunha lonxitude de 475 metros.

– CT de intemperie cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 kV.

– RBTA, con orixe no CTI proxectado Taíde-Miralde, sobre apoios de formigón, en condutor tipo RZ e cunha lonxitude de 1.656 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo