Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7213

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de febreiro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 10 de decembro de 2012 (DOG nº 242, do 20 de decembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 10 de decembro de 2012.

Segundo. Declarar deserto o posto de xefe/a do Servizo de Montes (Lugo), con código de posto MR.C99.10.801.27001.001.

Terceiro. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino, os funcionarios están gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Os xefes dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Francisco Antonio Gómez Pacios.

NRP: 3491392913 A2066.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Montes.

Código: MR.C99.10.801.32001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Enrique Martínez Chamorro.

NRP: 3164215124A2066.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Montes.

Código: MR.C99.10.801.36001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.