Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7215

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva da ampliación do concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de facultativo especialista da área de uroloxía, convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, na súa sentenza 166/2010, do 15 de xuño (ditada no procedemento abreviado número 88/2010), sentenza posteriormente firme, procedeu a anular o anexo III da Resolución do 21 de xaneiro de 2010 (DOG nº 27, do 10 de febreiro) pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde, exclusivamente no que atinxe ás prazas convocadas na especialidade de uroloxía, no criterio de que se deben engadir tres prazas ás inicialmente ofertadas no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña na dita especialidade. E, en consecuencia, a decisión da sentenza ordenou ampliar o concurso para que quen, na data da convocatoria, reunise os requisitos exixidos para participar nel, poida optar ás prazas omitidas en función dos méritos con que contase nesa data.

O 23 de agosto de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se dispón a execución da sentenza ditada o 15 de xuño de 2010 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento abreviado 88/2010.

De conformidade co previsto na base 7.3 da Resolución do 21 de xaneiro do 2010 (DOG nº 27, do 10 de febreiro) pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde, finalizado o prazo de reclamación fronte á resolución provisional do concurso de traslados, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro. Declarar resolta definitivamente a ampliación do concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de facultativa/o especialista da área de uroloxía, convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010 (DOG n º 27, do 10 de febreiro), nos termos que se recollen no anexo desta resolución.

Segundo. A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia serviralles de notificación ás/aos interesadas/os.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo), os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución definitiva.

A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área dentro do Servizo Galego de Saúde; ou no dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

No caso de que a adxudicación de praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado competente nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora de Recursos Humanos

ANEXO

Lista definitiva de adxudicación de destinos

F.E.A. uroloxía

Experiencia

Gal.

Formación

Outras

Total

Destino adxudicado

Apelidos e nome

T1

T2

T3

T4

Total

Posg.

Espec.

Cont.

Total

Barbagelata López, Alfonso

10,000

0,000

4,400

0,000

14,400

10

8,000

5,000

6,000

19,000

5,800

49,200

Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

Fernández Rosado, Enrique

10,000

0,000

12,000

0,000

22,000

10

*

*

*

20,000

6,800

58,800

Complexo Hospitalario A Coruña

Jahnen Boetius, Peter

47,000

0,000

2,400

0,000

49,400

0

*

*

*

20,000

4,000

73,400

**

Picallo Sánchez, José Antonio

30,000

0,000

26,600

0,000

56,600

5

1,000

5,000

5,275

11,275

1,200

74,075

Complexo Hospitalario A Coruña

Suárez Pascual, Germán

30,000

0,000

9,000

0,000

39,000

10

*

*

*

20,000

4,400

73,400

Complexo Hospitalario A Coruña

Tato Rodríguez, Javier

69,000

0,000

0,000

0,000

69,000

10

*

*

*

20,000

0,700

99,700

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela