Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2013 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expedientes DH.W36.18330 e DH.W36.17011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións de Augas de Galicia ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Solicitante

Enderezo

Data da
resolución

Sentido da resolución

Artigo

DH.W36.18330

María Santamaría García

Pedramogueira, 6, Sobrán

36611 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

24.1.2013

Denegatoria

78

DH.W36.17011

Fco. Javier Remiro Mallo

Fonte da Lama, 12, baixo

36818 Cedeira, Redondela

Pontevedra

17.10.2012

Arquivamento

71