Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2013 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio de dominio público hidráulico (expedientes DH.D15.26529 e DH.D15.26729).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións sancionadoras ditadas polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sita no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.26529

Fco. García

María García

Matilde García

Parroquia de Carballo, baixo

15100 Carballo

30.10.2009

Arquivamento

DH.D15.26729

Manuel Ángel Vázquez Abellón

R/ Úrsula Méndez de Tejada, 2-4º F

15300 Betanzos

A Coruña

12.2.2010

Arquivamento