Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (100/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 100/2011, por instancia de María del Mar Rebolo Vázquez contra Pilar Díaz Díaz, con domicilio nas Penas, 23, Cerdeiras, Begonte, por un principal de 5.511,28 euros máis 243,12 euros de recarga de demora, máis 1.120 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, mediante este edicto anúnciase a venda en poxa pública, polo prazo de vinte días, do 16,66 % da propiedade e 8,33 % da núa propiedade do predio número catastral 27007A143000780000QS, sito en Begonte, polígono 143, parcela 78, denominado Revolta de Míllaras.

Valórase en 2.057,51 euros.

A poxa terá lugar o día 30 de abril de 2013 ás 11.00 horas na Sala de Audiencias da Oficina Xudicial, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo.

A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan, estarán de manifesto na Oficina Xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Todo licitador aceptará como bastante a titulación existente ou que non existen títulos, e as cargas e gravames, se os houber ao crédito do demandante, continuarán subsistindo e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicar ao seu favor.

Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, e con número de conta 2322-0000-64-0100/11, o 30 % do valor do predio para os efectos de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nela, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no devandito xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Poderán realizarse ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

Para o suposto en que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva o presente de notificación edictal.

E en cumprimento do acordado expido este edicto.

Lugo, 13 de febreiro de 2013

O secretario xudicial