De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recuso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: recurso de alzada.
Interesado: Manuel Canay González.
Último enderezo coñecido: Balixe, Perdecanai, 36193 Barro, Pontevedra.
Acto notificado:
Desestimar o recurso de alzada interposto por Manuel Canay González, propietario núm. 186, contra o acordo de concentración parcelaria da zona Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).
A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.