Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7057

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería para o curso 2013/14.

Advertido erro na dita orde, publicada no DOG nº 36, do mércores 20 de febreiro de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 4855, no sumario, onde di: «ORDE do 14 de febreiro de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería o curso 2013/14», debe dicir: «ORDE do 14 de febreiro de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería para o curso 2013/14».

Na páxina 4875, no anexo II (continuación), na documentación que se xunta, onde di: «Copia compulsada da declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2010 (só no caso de non autorizar a súa consulta directamente pola consellería)», debe dicir: «Copia compulsada da declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2011 (só no caso de non autorizar a súa consulta directamente pola consellería)».