Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Prexigueiró no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2012/73-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Prexigueiró.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Características técnicas:

LMT subterránea de 440 m de lonxitude, a 20 kV, con condutor RHZ1, con orixe na LMT ao CT existente Granxa (32CFB5) e remate no CT, fin de liña, proxectado, Prexigueiró, prefabricado de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Centro de seccionamento prefabricado, 3L, manobra exterior.

RBT aereosubterráneo, de 22 m en aéreo con condutor RZ 0,6/1 kV e 85 m en subterráneo con condutor XZ1 0,6/1 kV.

Orzamento: 84.417,53 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense