Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT Regueiro, 2 no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT Regueiro, 2.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea de 60 m, a 20 kV con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT 32CY51 campo de fútbol e remate na LMT ao CT 32SDS6 Regueiro, con entrada e saída no CT proxectado Regueiro, 2, non prefabricado, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 25.089,61 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense