Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7061

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Consumo para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña no Laboratorio de Consumo de Galicia.

28 de xuño de 2012

Sen dotación orzamentaria

Addenda ao convenio da Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Consumo para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña no Laboratorio de Consumo de Galicia.

26 de setembro de 2012

Sen dotación orzamentaria