Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6915

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3351/2010).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez RF.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3351/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1016/2008 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Purificación Comesaña Ramilo.

Avogado: Henrique Landesa Martínez.

Recorridos/as: Xunta de Galicia, María Antonia Guerrero Ruiz, María Encarnación Fernández Méndez, María Emilia Pérez Teijeiro, Rossina María Cristina Castro Villar, Eva Vázquez Saavedra, María Lidia Rey Fernández, María Montserrat Vidal Ares, María Aurora Vázquez Saavedra, Luz García Novo, Felicitas Vázquez Castro, María Josefa Regueiro Lamas, Ana María Rubal Fernández, María Carmen López Rodríguez, Isabel Ortiz Novoa, Carmen Lucía Abal Saborido, Angelina Valladares Domínguez, María Victoria Diz Couto, María Carmen Cores Caldelas, María Pilar Serantes Gómez, Lucinda Maceira Sánchez, Elisa Cibeira Fernández, Rosa María González Domínguez, María Ángeles Bao Fernández, María del Carmen Costa Dorado, Enrique González Domínguez, Julia María Bouza Fernández, María Carmen González Iglesias, María Eugenia Rodríguez Couñago, Josefa Trabazo García, María Venera Antelo Arijón, María Teresa Pallares Romero, María Teresa Creo Tubío, Rosa García Núñez, María Delfina González Castro, Genoveva Piñeiro García, Alicia Rey Seijas, Pilar Cancio Álvarez, Rosa María Liñares Solla, María Fe Vázquez Novo, Andrés Vázquez Novo, Carmen Campelo Ferreiro.

Avogado/a: letrado comunidade (Servizo Provincial) e outros.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3351/2010- RF- desta sección, seguido por instancia de Purificación Comesaña Ramilo contra a empresa Xunta de Galicia, María Antonia Guerrero Ruiz e outros sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Henrique Landesa Martínez, en nome e representación de Purificación Comesaña Ramilo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de data nove de outubro de dous mil nove ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo en proceso número 1016/2008, promovido por Purificación Comesaña Ramilo contra a Xunta de Galicia, Carmen Abal Saborido e outros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Julia María Bouza Fernández, con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial