Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012318TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de xaneiro de 2013 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012318TA-CO incoado a Suerpem, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Suerpem, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a Conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2, 4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a), do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 11 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012318TA-CO.

Interesada: Suerpem, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70300827.

Último enderezo coñecido: Estrecha de San Andrés, 6, 15001 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35.a.1), da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e artigo 41.a) e h), da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: artigo 2.2, artigo 7.u), artigo 19.1, 2.d) e disposición adicional terceira.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 75 € (setenta e cinco euros).