Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da unidade de execución UE 15 do PEPRI (expediente 2012006646).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 4 de xaneiro de 2013, adoptou entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle da unidade de execución UE 15 do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Ourense, redactado por encargo do Concello de Ourense, segundo o último documento técnico rectificado remitido no seu día a informe da Administración autonómica competente en materia de patrimonio cultural.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se coide oportuno.

Todo isto en aplicación dos artigos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, artigo 194 e concordantes do Real decreto 2568/1996, do 28 de novembro; 58, 59, 107, 109 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Con data do 13 de febreiro de 2013, recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 13 de febreiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente