Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (226/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 226/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Varela Bello contra a empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza, cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Varela Bello, contra Reformas y Pinturas Alfonso Moraes, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Reformas y Pinturas Alfonso Moraes, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 662,51 euros brutos, polos salarios percibidos en setembro de 2010, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial