Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6687

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Xerencia Executiva de Cee, pola que se anuncia a convocatoria e as bases do concurso de mobilidade interna voluntaria para a cobertura de diversos postos de traballo das categorías de ATS/DUE e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría no ámbito do Hospital Virxe da Xunqueira.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobados pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia Executiva de Cee, tras o proceso de negociación coa representación legal dos traballadores do seu ámbito e con base na alínea e) do artigo 13 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e no cal se establece como función e competencia do xerente executivo a asunción da responsabilidade da xestión de todos os recursos asignados ao seu ámbito de competencia para garantir a prestación dos servizos definidos na carteira de servizos,

RESOLVE:

1. Anunciar a convocatoria do concurso de traslados internos nas categorías profesionais de ATS/DUE e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría no ámbito do Hospital Virxe da Xunqueira, así como aprobar as súas bases reguladoras e o baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II.

2. Ordenar a publicación no taboleiro de anuncios do Hospital Virxe da Xunqueira da convocatoria, das bases reguladoras desta convocatoria (anexo I), do baremo de méritos (anexo II) e da relación, para os efectos da mobilidade interna, dos postos vacantes existentes no centro en cada categoría profesional das convocadas.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso de reposición ante este centro directivo.

Cee, 4 de febreiro de 2013

Ramón Ares Rico
Xerente executivo de Cee