Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición de ecógrafos con destino a diversos servizos da Xerencia da Xestión Integrada de Ourense, da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciados nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (4 lotes)
(AI-SER2-12-015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AI-SER2-12-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de ecógrafos.

c) Lotes: 4 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 193, do 9 de outubro de 2012.

BOE núm. 251, do 18 de outubro de 2012.

DOUE 2012/s 199-327443, do 16 de outubro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 787.000,00 €.

Orzamento con IVE: 865.700,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lotes 1, 2, 3 e 4: 28 de decembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lotes 1 e 2: 21 de xaneiro de 2013, Toshiba Medical Systems, S.A.

Lote 3: 22 de xaneiro de 2013, Philips Ibérica, S.A.U.

Lote 4: 21 de xaneiro de 2013, Hitachi Medical Systems, S.L.U.

c) Importe de adxudicación:

Orzamento sen IVE: 689.950,37 €.

Orzamento con IVE: 758.945,40 €.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

P.D. (Decreto 311/2009; Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos