Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración sucesiva por prezo unitario de filtros para o sistema de climatización do Hospital Universitario Lucus Augusti (MS-HLA1-12-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-HLA1-12-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva por prezo unitario de filtros para o sistema de climatización. A contía que se subministrará determinarase polas necesidades do Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 42514310-8.

e) Acordo marco (se procede): non

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Datas de publicación do anuncio de licitación: DOG: 21 de agosto de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 160.410,55 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 64.164,22 euros.

Importe total: 75.713,78 euros (IVE incluído 18 %).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de outubro de 2012.

b) Data formalización do contrato: 1 de xaneiro de 2013.

c) Contratista: Vokes-Air, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 58.077,91 €.

Importe total: 70.274,27 € (IVE 21 %).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: cumpre con todos os requisitos e é a única oferta presentada.

Lugo, 8 de febreiro de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo