Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de febreiro de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres e devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00486-O-2012 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o subdirector xeral de Inspección do Transporte ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00486-O-2012

8042-DXK

Garda Civil 2701 R16189Y

Teleconvifer, S.L.

B27232461

Teixeda, Montecubeiro, 1, 7120 Castroverde, Lugo

A carencia da documentación en que deben materializarse os contratos de transporte de mercadorías celebrados con transportistas ou operadores.

27.2.2012; 17.22; N-540; 29,00

Art. 141.19 da LOTT, art. 198.19 do ROTT

Art. 143.1.e) da LOTT, art. 201.1.e) do ROTT

1.001

LU-00569-O-2012

8155-GBJ

Garda Civil 2701 R10457X

Discibran, S.L.

B94046968

Rúa A Granxa, 4, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 15 % ata o 25 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 19 %.

13.3.2012; 10.45; N-120; 498,100

Art. 141.4 da LOTT, art. 198.4 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.701

LU-00816-O-2012

9671BGS

Garda Civil 2701 C30220X

José Louro Magdalena

35256305-L

A Piolla, 43, Lérez, 36000 Pontevedra

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de máis de 20 t. Exceso de peso superior ao 6 %.

17.4.2012; 19.37; AG-64; 0055,900

Art. 141.4 da LOTT, art. 198.4 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.501

LU-01362-O-2012

8653-DPC

Garda Civil 2701 N91726L

Ferros da Mariña, S.L.

B27243062

Figueirido, s/n, B, 27891 Cervo, Lugo

Non pasar a revisión periódica do tacógrafo ou non realizar a primeira calibraxe do tacógrafo dixital tendo transcurrido máis de 2 semanas tras a instalación ou tras a matriculación se esta é posterior.

4.4.2012; 10.28; A-6; 519

Art. 141.5 da LOTT, art. 198.5 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.501

OU-00651-O-2012

4738-DHR

Garda Civil 3203 L24919Z

Carnes Viana, S.L.

B32163008

Fondal de Beade, 32431 Beade, Ourense

Levar mal colocado o disco diagrama no aparello de control, impedindo a súa lectura.

24.4.2012; 11.30; A-52; 0176,000

Art. 141.5 da LOTT, art. 198.5 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.501

PO-00903-O-2012

1497-HFK

Garda Civil 3601 Y76740V

Forestal Hosintra, S.L.U.

B27325992

R/ Vía Transversal, Ed. Miramar, 45, 1º I, 27700 Ribadeo, Lugo

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de máis de 20 t. Exceso de peso superior ao 12 %.

14.2.2012; 10.42; AP-9; 137,5

Art. 141.4 da LOTT, art. 198.4 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.831

PO-01041-S-2012

4220-FHT

Policía Municipal 294471

Transregal, S.L.

B36936110

Tomás Alonso, 18, baixo, 36208 Vigo, Pontevedra

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), carecendo do correspondente certificado.

3.2.2012; 8.55; avenida Beiramar

Art. 142.25 en relación co art. 141.19 da LOTT, art. 199.25 en relación co art. 198.19 do ROTT

Art. 143.1.k) da LOTT, art. 201.1.k) do ROTT

201

PO-01223-I-2012

5676-GSF

Axente de inspección PO/006

Manufacturas Carplas, S.L.

B32389314

Avd. Galicia, 39, 2º C, 36400 O Porriño, Pontevedra

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 15 % ata o 25 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 21 %.

22.5.2012; 9.21; A-52; 281,300

Art. 141.4 da LOTT, art. 198.4 do ROTT

Art. 143.1.f) da LOTT, art. 201.1.f) do ROTT

1.801