Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador en materia de transportes terrestres e devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01482-O-2010).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Como no escrito de interposición do recurso non queda suficientemente acreditada a representación do recorrente, é polo que se require, a teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acredite a persoa que represente a dita entidade por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.

De acordo co exposto, poderá acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada, ou mediante declaración en comparecencia persoal dos interesados.

Polo que se require para que, a teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, acredite a representación que di posuír, con expreso apercibimento de que, de non facelo así, se terá por desistido do citado recurso, ao non ter presentado a documentación acreditativa da súa representación, e resolverase declarar o arquivamento do recurso formulado.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

– Expediente

– Número recurso

– Matrícula

– Empresa denunciada

– Recorrente

– Feito sancionado

– Datos da denuncia: data, hora, estrada, p.q.

LU-01482-O-2010

84-DD-73

Argitransportes, Lda.

José Ramírez Pérez

Exceso de peso superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de máis de 20 t.

6.10.2010; 17.10; N-634; 588,000