Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de febreiro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente sancionador e de reposición da legalidade (SIL/12/2013 ‒ S-2010/033-C), devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria descoñecida.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 1 de febreiro de 2013, ditou resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente sancionador e de reposición da legalidade núm. SIL/12/2013 – S-2010/033-C a Montserrat Rodríguez Lavandeira, pola execución de obras de instalación de casetas e contedores, construción dun depósito de acumulación e muro sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Paraxe da Pousa-Abanqueiro, termo municipal de Boiro (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita resolución, mediante esta cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se lle notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística