Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Promoción do Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 6 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2012/090-5.

Nome: José Manuel Otero González.

DNI: 35449675M.

Último enderezo coñecido: avenida Ernestina Otero, 25, 1º F, Redondela, 36800 Pontevedra.

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2012/138-5.

Nome: Pino Manso Tomiño, S.L.

CIF: B36589836.

Último enderezo coñecido: rúa Gondomar, 13, baixo, Tomiño, 36740 Pontevedra.

Tipo de axuda: programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2012/166-5.

Nome: Electricidad Coutado, S.L.

CIF: B36966265.

Último enderezo coñecido: Freixeiro Urban, 7, Finca Solita, 2, Ático, Vigo, 36212 Pontevedra.

Tipo de axuda: incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.