Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización dos contratos do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 77/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición:

Lote 1: limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo.

Lote 2: limpeza dos centros de formación profesional ocupacional de Lugo e Viveiro e Unidade de Acción Formativa de Monforte de Lemos.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 213, do 8 de novembro de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: importe neto: 148.000,00 euros IVE (21 %): 31.080,00 euros.

Importe total: 179.080,00 euros.

Lote 2: importe neto: 130.000,00 euros IVE (21 %): 27.300,00 euros.

Importe total: 157.300,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 1 de febreiro de 2013.

b) Contratistas:

Lote 1: Samyl, S.L. (CIF B47037577).

Lote 2: Limpiezas Novoa, S.A. (CIF A27024058).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: importe neto: 143.000,00 euros IVE (21 %): 30.030,00 euros.

Importe total: 173.030,00 euros.

Lote 2: importe neto: 112.139,65 euros IVE (21 %): 23.549,33 euros.

Importe total: 135.688,98 euros.

Lugo, 7 de febreiro de 2013

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo