Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da Residencia de Maiores de Campolongo (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18446

e) Número de expediente: 28/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da Residencia de Maiores de Campolongo (Pontevedra).

CPV: (referencia de nomenclatura):

– Lote 1 (mobiliario diverso): 39100000-3, 31500000-1.

– Lote 2 (equipamento-electrodomésticos): 39710000-2, 39700000-9.

– Lote 3 (material clínico): 33100000-1.

– Lote 4 (TICs): 30236000-2.

– Lote 5 (sistema vixilancia): 32333000-6.

b) División por lotes e número: si, 5 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: Residencia de Maiores de Campolongo, rúa Fernández Ladreda, nº 26, 36003 Pontevedra.

d) Prazo de execución: 60 días (lotes 1, 2, 3, 4, 5).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 142.294,87 €. IVE (10 % e 21 %): 20.256,67 €, importe total: 162.551,54 €.

Lote 1: valor estimado: 102.562,00 €. IVE (10 % e 21 %): 12.989,92 €. Total: 115.551,92 €.

Lote 2: valor estimado: 22.470,00 €. IVE (21 %): 4.718,70 €. Total: 27.188,70 €.

Lote 3: valor estimado: 9.792,35 €. IVE (10 %): 979,24 €. Total: 10.771,59 €.

Lote 4: valor estimado: 2.500,00 €. IVE (21 %): 525,00 €. Total: 3.025,00 €.

Lote 5: valor estimado: 4.970,52 €. IVE (21 %): 1.043,81 €. Total: 6.014,33 €.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18446

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica lotes 1, 2, 3, 5: 986 86 02 06 (Manuela Vence Arias).

– Información índole técnica lote 4: 981 54 69 81 (Martín Amado Castro).

e) Telefax: información índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Contratación e Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma que faga fe no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, o sétimo día hábil (7) seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura do sobre C terá lugar, en acto público, o décimo quinto (15) día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18446) publicarase o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestars