Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2013 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamación xestionados na Xefatura Territorial da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Gestión Pombo Vázquez

IN635A 2012/285-1

Requirimento

A Coruña

Junta de Compensación AR-S3 da Laracha

IN635A 2013/14-1

Toma de vista

A Laracha

Genebrardo Valadrón Fernández

IN635A 2012/111-1

Resolución

A Coruña

Electricidad Roberto Villaviciosa, S.L.

IN635A 2012/165-1

Resolución

A Coruña

Mª Victoria Piñón Sousa

IN635A 2012/201-1

Resolución

Ferrol

Juan Manuel Cabaleiro González

IN635A 2012/210-1

Resolución

Arteixo

Comunidade de Propietarios Alfonso VII, nº 11

IN635B 2012/96-1

Alegacións

A Coruña

Estación de Servicio Coirós I

IN635B 2013/6-1

Alegacións

Coiros