Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5564

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de xaneiro de 2013, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 33, do venres 15 de febreiro de 2013, páxina 4484, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na segunda columna da cuarta fila da táboa que inclúe o anexo á resolución, en referencia ao importe total do convenio de cooperación entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Endesa Generación, S.A. para a preparación e o impulso do plan territorial integrado da bacía hidrográfica do río Eume, onde di: «Sen importe», debe dicir: «300.000,00».