Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0573-1 e 2011/0585-1.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral e relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Comunyservi, S.L.

Curtis

A Coruña

RL 2011/0573-1
141747/2011/1/H(AI)

30 de novembro de 2012

Artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigo 37.3.b) e c) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, e artigo 51.1 do Convenio colectivo do sector da construción da provincia da Coruña.

Artigo 12.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4.000 €

Esabe Vigilancia, S.A.

Culleredo

A Coruña

RL 2011/0585-1
141444/2011/1/T(AI)

14 de decembro de 2012

Artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.000 €