Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2013 Páx. 5297

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 13 de febreiro de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto de Estudos do Territorio, anunciada pola Orde do 18 de decembro de 2012.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto de Estudos do Territorio, anunciada pola Orde do 18 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 1, do 2 de xaneiro de 2013), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto de Estudos do Territorio, anunciada pola Orde do 18 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 1, do 2 de xaneiro de 2013).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle foron concedidos aos interesados. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa o persoal seleccionado, así como o daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Ofrecerlles aos interesados o seguinte réxime de recursos contra esta orde que resolve a convocatoria e que esgota a vía administrativa: recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Méndez Torres, Mª Dolores.

NRP: 5245028935 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: director/a do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

Código do posto de traballo: MA.O31.00.001.15707.001.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54 €.

Apelidos e nome: Castillo Rodríguez, Francisco.

NRP: 2752268846 A0507.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: director/a do Departamento Técnico de Estudos.

Código do posto de traballo: MA.O31.00.002.15707.001.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial/docente.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54 €.

Apelidos e nome: Nimo Mayo, Mª Elena.

NRP: 3323933202 A2060.

Grupo: A1-A2.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Xestión.

Código do posto de traballo: MA.O31.00.001.15770.010.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Apelidos e nome: Nieto Zas, Encarnación.

NRP: 3528856068 A2061.

Grupo: A1-A2.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Estudos.

Código do posto de traballo: MA.O31.00.002.15770.010.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Apelidos e nome: Fernández Ríos, Alfredo.

NRP:3499201857 A2066.

Grupo: A1-A2.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Coordinación e Información Territorial.

Código do posto: MA.O31.00.002.15770.020.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Apelidos e nome: Álvarez Vicente, José Luis.

NRP: 3276241613 A2061.

Grupo: A1-A2.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Planificación da Paisaxe.

Código do posto de traballo: MA.O31.00.002.15770.030.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.