Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1033/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 1033/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Vega Carballido contra a empresa Bsm Iberia, S.L.U., sobre cantidade, expediuse a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 1033/2012.

Persoa á que se cita: BSM Iberia, S.L.U., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao acto de conciliación, e se é o caso, xuízo. Concorrerase a tales actos coas probas de que intente valerse e, tamén se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora na que debe comparecer: deben comparecer o día 17.4.2013, ás 104.5 na sede do Xulgado do Social número 1, sita en planta 4, sala 9, Edificio Xulgados ao acto de conciliación ante o secretario xudicial e, en caso de non avinza, ás 10.45 do mesmo día, en planta 4, sala 9, Edificio Xulgados ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación, e se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LPL/LJS).

2. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse, (art. 82.2 LPL/82.3 LJS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderanse consider recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LJS, o interrogatorio e as persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.2 LPL/90.3 LXS).

4. Advírteselle que a parte actora solicitou como probas: interrogatorio.

Ao ter a condición de persoa xurídica ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do art. 53.2 LXS (art. 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberá comunicar, e, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos que se lle convoca (art. 83 LPL/LXS 183 LAC).

7. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no art. 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que, de común acordo, o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder de quince días.

En Lugo, dezanove de decembro de dous mil doce.

O secretario xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de citación á empresa BSM Iberia, S.L.U., expídese este edicto.

Lugo, 1 de febreiro de 2013

O secretario xudicial