Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller e exposición de maquinaria agrícola na estrada de Santiago número 120. Esperante-Santalla (expediente 576/12).

Millares y Torrón, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller e exposición de maquinaria agrícola, como ampliación do almacén de maquinaria agrícola con licenza 174/92, na estrada de Santiago número 120 (Esperante-Santalla).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 21 de xaneiro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo