Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMTS, CT e RBT San Paio II no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2013/5-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS, CT e RBT San Paio II.

Situación: Ribadavia.

Características técnicas:

LMT subterránea de 280 m, a 20 kV, con condutor RHZ1, con orixe na LMT existente CAS801 entre o CT San Paio (expediente 3502) e o CT COL FFPP (expediente 2915) e remate no CT proxectado, prefabricado San Paio II, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aereosubterránea, de 666 m en aéreo con condutor RZ e 1.812 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado San Paio II.

Orzamento: 256.573,59 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense