No Boletín Oficial da provincia de Ourense números 239, do 18 de outubro de 2005, 59, do 14 de marzo de 2011 e 29 do 4 de febreiro de 2013, publícanse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria para prover 1 praza de inspector de policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso oposición por promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 4 de febreiro de 2013
Carmen Rodríguez Dacosta
Delegada de Recursos Humanos