Casa de Neira, S.C. solicita desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha explotación avícola en Sestos, O Sisto. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o dito período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Dozón, 6 de febreiro de 2013
Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde