Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1004/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1004/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gumersindo González Villamarín, José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Francisco José Narciandi da Silva, Joaquín Manuel Chico Gallardo, Juan Carlos García Durán contra a empresa Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., Fogasa, Excavaciones Coruña, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Nº de autos: procedemento ordinario 1004/2010.

Na cidade da Coruña, dezanove de decembro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes, Gumersindo González Villamarín, José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Francisco José Narciandi da Silva, Joaquín Manuel Chico Gallardo e Juan Carlos García Durán, que comparecen asistidos do letrado Federico Novo Prego e, doutra, como demandados, Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., Fogasa, e Excavaciones Coruña, S.L., que non comparecen,

Decido:

1º Estimando a demanda formulada por José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Gumersindo González Villamarín, Francisco José Narciandi da Silva e Joaquín Manuel Chico Gallardo contra as empresas Perforaciones e Excavaciones del Noroeste, S.L. e Excavaciones Coruña, S.L., condenalas solidariamente a aboar as cantidades que a seguir se relacionan en concepto de salarios:

José Antonio Ponte Duarte

5.199,36 euros

César M. Esmorís García

5.199,36 euros

Gumersindo González Villamarín

6.151,16 euros

Francisco Narciandi da Silva

224,97 euros

Joaquín Manuel Chico Gallardo

3.919,08 euros

2º Desestimar a acción exercida por Juan Carlos García Durán.

3º O Fogasa deberá pasar pola presente sentenza nos termos do artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dalgún deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co nº 1533.0000.65.1004.10, acreditando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso. Da mesma maneira, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1004.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación á empresa Excavaciones Coruña, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial