Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2002/0476-4).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan a resolución recaída solidariamente no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2002/0476-4.

Acta: 969/2002.

Empresas solidarias: Proyectos, Promociones y Obras de Arosa, S.L. e Ricardo García Campos.

NIF: B-36306264 e 35296933-Y.

Enderezo: Nova La Torre, 11 Vilagarcía de Arousa e rúa do Convento, s/n, Cuntis.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 15.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e número 5.b) da parte C do anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.6 e 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 21.12.2012.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción núm. 969/2002, e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 23 de xaneiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo