Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 56/12 seguido a Electricidade Spule, S.L. (CIF B15537665).

Notifícaselle ao denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «sancionar a Electricidade Spule, S.L. coa multa de 5.000,00 (cinco mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».

O interesado dispón de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para presentar alegacións, perante a xefa territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e pode examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 56/12.

Denunciada: Electricidade Spule, S.L.

Infracción: artigo 34.1.b) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE nº 176, do 23 de xullo).