Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4733

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2013, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2013, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 (DOG núm. 208, do 31 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG núm. 103, do 31 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de dezasete puntos e medio (17,50).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal