Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4698

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de exposición pública sobre solicitude de ampliación do cemiterio de Leiro.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e segundo o disposto no Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, faise público que a parroquia de Leiro, Arcebispado de Santiago de Compostela, solicita licenza de obras para a construción da ampliación do cemiterio de Leiro, polo que se procede a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Ribadumia, 24 de xaneiro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa presidenta