Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de instalación dun centro de transferencia e valorización de aceites usados no polígono industrial do Acevedo (Cerceda), parcela número 30, titularidade de Alansu Galicia, S.L.

José Antonio Pernas López, actuando en nome de Alansu Galicia, S.L., solicitoulle a esta alcaldía licenza para un proxecto denominado de instalación dun centro de transferencia e valorización de aceites usados no polígono industrial do Acevedo (Cerceda) (clave de MAS/268 2012).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días, co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinala na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideraren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 23 de xaneiro de 2013

José García Liñares
Alcalde