Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4643

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (815/2011).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que nos autos de referencia se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Vigo, 15 de xaneiro de 2013

Vistos por min, Manuel Anxo Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 815/2011 se seguen a instancia de Paccar Financial España, S.L.U., representada pola procuradora María Rosa Marquina Tesouro e dirixida polo letrado Gonzalo Bonnay Zea contra Todaeuropa Express, S.L., que non compareceu nas actuacións, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resolución dun contrato de arrendamento financeiro e de obtención da inmediata entrega do ben ao alugador.

Resolvo que estimo totalmente a demanda interposta por Paccar Financial España, S.L.U. contra Todaeuropa Express, S.L. facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro resolto o contrato de arrendamento de bens mobles número 3969 (impreso número 4049), subscrito entre a demandante, como arrendadora, e a demandada, como arrendataria, o 18 de agosto de 2008.

2º. Condeno a Todaeuropa Express, S.L. a entregarlle á demandante, onde esta indique, o camión DAF, modelo FA CF 75.360, con número de bastidor XLRAE75PC0E833567 e número de matrícula 5618-GHD, xunto coas chaves do vehículo e as súas copias, así como os seguintes documentos relativos a el: ficha técnica do vehículo; permisos de circulación do vehículo: ITMV vixente do vehículo; ITV vixente.

3º. Procédase á cancelación da inscrición practicada no Rexistro de Bens Mobles de Pontevedra referente ao vehículo antes referido, identificado rexistralmente baixo os seguintes datos: número de entrada 20080013749, diario 11, folio 1962, asento 20080012218, número de ben 2008007094 e matrícula número 5618-GHD. Para os efectos de darlle cumprimento ao acordado, expídase o correspondente mandamento.

4º. Condeno a Todaeuropa Express, S.L. a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Todaeuropa Express, S.L., expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 18 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial