Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4460

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 11 de febreiro de 2013 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional cuarta da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, aprobouse o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia (en diante, Axencia Turismo de Galicia) e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro). A citada axencia pública autonómica, adscrita funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, ten como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade e a conservación e promoción dos Camiños de Santiago.

Segundo establece a disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, a constitución efectiva da Axencia Turismo de Galicia producirase coa realización da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, órgano colexiado de goberno da Axencia Turismo de Galicia, cuxa presidencia corresponde ao titular da Presidencia da Xunta de Galicia como presidente da Axencia.

O artigo 16 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia dispón que o Consello Reitor estará composto por unha Presidencia, unha Vicepresidencia, as Vogalías e a Secretaría. Así mesmo, establece que a Vicepresidencia lle corresponderá á persoa titular da Dirección da Axencia, e que serán vogais do Consello Reitor un/unha representante de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia designados/as pola persoa titular da consellería, de entre os/as titulares dos seus órganos superiores ou de dirección. Estes vogais serán substituídos polos seus respectivos suplentes propostos pola mesma persoa que designou as persoas titulares.

O nomeamento destes vogais e o dos seus suplentes corresponde á persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con base nas circunstancias anteriores, unha vez feitas as correspondentes propostas por cada consellería, cómpre facer o nomeamento dos vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

– Vogal titular: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica.

– Vogal suplente: Natalia Prieto Viso, directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

b) En representación da Consellería de Facenda:

– Vogal titular: María del Socorro Martín Hierro, secretaria xeral técnica e do Patrimonio.

– Vogal suplente: Manuel Vidal Martín, subdirector xeral de Xestión Económica Patrimonial do Sector Público Empresarial.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Vogal titular: Miguel Rodríguez Bugarín, director xeral de Mobilidade.

Vogal suplente: Antón García Río, subdirector xeral de Ordenación do Transporte.

d) En representación da Consellería de Economía e Industria:

– Vogal titular: Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio.

– Vogal suplente: Borja Verea Fraiz, secretario xeral técnico.

e) En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

– Vogal titular: Anxo Manuel Lorenzo Suárez, secretario seral de Cultura.

– Vogal suplente: Mª del Carmen Martínez Insua, directora xeral de Patrimonio Cultural.

f) En representación da Consellería de Sanidade:

– Vogal titular: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde.

g) En representación da Consellería de Traballo e Benestar:

– Vogal titular: Cristina Ortiz Dorna, secretaria xeral técnica.

– Vogal suplente: Pablo Nimo Ríos, vicesecretario xeral.

h) En representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Vogal titular: Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

– Vogal suplente: Montserrat Castro Vázquez, subdirectora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza