Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4463

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 24/2013, do 14 de febreiro, polo que se nomea directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a Sonia Martínez Arca.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil trece,

Nomeo directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a Sonia Martínez Arca.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade