Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2012/297-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado LMT, CT, RBT Os Cotos.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 648 metros de lonxitude, con orixe na LMT VLG807 Vilalonga-Carabuxeira, no apoio anterior ao CT O Castro e final no CT proxectado, na súa nova situación. Centro de transformción de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nos Cotos, Dorrón, concello de Sanxenxo. Rede de BT de 370 metros de lonxitude con orixe no CT proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra