Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2012/101-2, 8069 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Leche de Galicia, S.L.

Domicilio social: estrada de Meira, s/n, Sancovade, 27800 Vilalba, Lugo.

Denominación: reforma CT existente 2×1.250 kVA-20 kV, novo CT 630 kVA-20 kVA estación depuradora de augas residuais e liña soterrada de media tensión de interconexión.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– Reforma do CT existente na fábrica, consistente na substitución das cabinas existentes correspondentes ás posicións de conmutación de liña, protección xeral, medida e protección do trafo 1, por novas cabinas de gama SM6 de Schneider. Inclúese a ampliación dunha nova cabina de saída de liña para o novo CT estación depuradora de augas residuais.

– LMTS con orixe no CT da fábrica, e final no novo CT da estación depuradora de augas residuais, cunha lonxitude de 420 metros de condutor tipo RHZ1-95 mm.

– CT da estación de augas residuais en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo