Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a Resolución do 28 de xaneiro de 2013, ditada polo secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se desestima o recurso de alzada número RA/U/2012/00072.

De conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a Resolución do 28 de xaneiro de 2013, ditada polo secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por delegación do conselleiro (Orde do 15 de abril de 2012, DOG do 23 de marzo), na cal se desestima o recurso de alzada nº RA/U/2012/00072, interposto contra a desestimación, por silencio administrativo, da solicitude de autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico, previa á concesión de licenza municipal, para explotación de cuarzo da concesión de explotación Alicia nº 5917, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo:

Desestimar o recurso de alzada número RA/U/2012/00072 interposto por José Luís Martínez Embil, en nome e representación da entidade mercantil Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA), contra a desestimación, por silencio administrativo, da solicitude de autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico previa á concesión de licenza municipal para explotación de cuarzo da concesión de explotación Alicia, nº 5917, nas parroquias de Goá, Santa Cristina, Roás e Muimenta, no concello de Cospeito (T.E. LU 10-088) e, en consecuencia, denegar a solicitude de autorización instada.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Aadministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade e faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante o prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao da finalización do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas