Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de febreiro de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Primeiro. No anexo II da Orde do 2 de maio de 2012 (DOG núm. 85, do 4 de maio) pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, figura no número 1436 o posto de condutor-mecánico (III-63) no Distrito forestal XV A Limia (Bande), co código MR.C99.50.150. 32060.025 (páx. 16635 do Diario Oficial de Galicia).

Practicáronse as actuacións previstas nas bases do concurso ata a publicación das puntucións provisionais (DOG núm. 229, do 30 de novembro de 2012), estando pendente a publicación da resolución definitiva e de que a comisión de valoración resolva a totalidade das reclamacións presentadas.

Segundo. O Xulgado do Social número 2 de Ourense, en sentenza ditada en autos do xuízo número 483/2012, estimou a demanda interposta por Ángel Casas Pérez e declarou o dereito do demandante a que o posto con código MR.C99.50.150.32060.025 fose excluído do concurso. A dita sentenza, que pende da resolución do recurso de suplicación, non é firme.

Por Auto do 20 de novembro de 2012, o xulgado sentenciador dispuxo a execución provisional da sentenza.

Unha vez notificada a firmeza do auto o 28 de xaneiro de 2013 e dando cumprimento ao ordenado, cómpre:

Eliminar do anexo II da Orde do 2 de maio de 2012 o posto número 1436:

Posto

Código do posto

Compl. conv.

Gr. (categ.)

Denominación
do posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Observacións

1436

MR.C99.50.150.32060.025

5.674,08

3 (063)

Condutor mecánico

MR

Servizos periféricos

Distrito forestal:
XV-A Limia

32060

Complemento salarial de singularidade por perigosidade

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda