En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.A1.432B.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2012, convocadas pola Resolución do 9 de abril de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, VII Manuel María de literatura dramática infantil e X Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
Premio: X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos.
Beneficiario: deserto.
Premio: VII Premio Manuel María de literatura dramática infantil.
Beneficiario: deserto.
Premio: X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade para rapaces.
Beneficiario: Raúl Dans Mayor.
Obra: Un mosquito de nome Henri.
Importe: 6.000 euros.
Premio: XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.
Beneficiario: Gustavo Pernas Cora.
Obra: Isobaras.
Importe: 6.000 euros.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais