Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2013 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2011000294 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01045, variante da PO-546 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11. Clave: N/PO/91.10.3.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas as que se notifica

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Francisco Reguera Reguera

José Rivadulla Campos

José Rivadulla Campos

José Rivadulla Campos

Comunidade de Montes de Lourizán-Pontevedra

29.11.2012

29.11.2012

29.11.2012

29.11.2012

29.11.2012

2011000294

2011000679

2011000680

2011000681

2011003284

200

327

338

369

329

5.666,60

227,81

787,50

590,86

351,19