De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a José Manuel Carballo Romay o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 15 de novembro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 553 sito en Barro, relativo ao proxecto 01043 (expediente 2011/000274), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01043 modificado nº 1 enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531. Clave: PO/O2/199.01.2.M1.
Nº expediente: 2011/000274.
Persoa que se vai notificar: José Manuel Carballo Romay.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Expropiado: José Manuel Carballo Romay.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Predio nº: 553.
Concello: Barro.
Provincia: Pontevedra.
Valoración resolución do Xurado: 5.616,70 €.